Helena Villar e Xesús Rábade celebran as Letras no IES Camilo José Cela

O martes 13 de maio celebramos as Letras Galegas no Cela coa visita de dúas persoas que representan coma ninguén as nosas letras e a nosa cultura: Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes.

Faláronnos de moitos aspectos relacionados coa nosa literatura: desde a literatura galego-portuguesa medieval ata a orixe do Día das Letras Galegas e as súas consideracións sobre a literatura actual. 
O encontro animouse e deu lugar a un coloquio co alumnado de 4º de ESO que escoitou atentamente e participou na sesión. E a continuación, acompañamos á parella á aula da segunda planta que está dedicada a Helena Villar, que fixo a honra de inaugurala despregando a tea que cubría a placa!
En definitiva, foi unha mañá na que todo o alumnado e profesorado presente gozaron da compaña de Helena e Xesús, que recibiron uns agasallos do centro e destacaron a calidade humana do alumnado do IES Camilo José Cela.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Faleceu o poeta Bernardino Graña

Samaín e xogos populares

Seguimos nomeando aulas