Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Concursos

CANGURO MATEMÁTICO

Imaxe
O pasado 15 de Marzo, dezaoito alumnos e alumnas de 1º , 2º e 3º da ESO participaron no XXV CANGURO MATEMÁTICO. O concurso consiste en contestar, durante 75 minutos, a un test de 30 preguntas en orden crecente de dificultade. Todos o alumnado estaba moi motivado e con eles e elas as profesoras Mª Teresa Castro Bustelo e Rosa Ana Mirón Blanco.

V OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA

Imaxe
A Olimpíada é unha iniciativa que se propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo, tempos nos que as novas leis educativas tenden cara a vías dominadas por unha estreita razón instrumental sen deixar apenas lugar para o pensamento crítico. O grupo de alumnado de Obradoiro de publicidade e contrapublicidade participou por primeira vez na Olimpíada filosófica de Galicia, na sección de fotografía.  A pesar do temporal estivemos alí, na Facultade de filosofía, asistindo ás sesións de defensa de dilemas morais, de disertacións, de fotografías e de vídeos producidos polo alumnado seleccionado baixo o lema UTOPÍA E REVOLUCIÓN.  Seleccionado para a exposición:   Paula Cascallar (Sinais). Seleccionada para a exposición:  Daniel Pena ("Ninguén é perfecto") Sesión de disertacións finalistas. Roteiro "Maio do 68 en Compostela". Facultade de Medicina. Pic-nic musical colectivo: Revolution, The Beatles....

I PREMIO DE POESÍA ESTRATOSFÉRICA

Imaxe
Bases do premio O I Premio de Poesía Estratosférica é unha iniciativa de NOSA (Axencia Espacial Escolar Galega) solidariamente entre os seguintes institutos: IES Maruxa Mallo de Ordes, IES Miraflores de Oleiros e IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. 1. Poderán concorrer ao I Premio de Poesía Estratosférica autoras e autores de calquera nacionalidade, presentando unha soa obra de temática cósmica escrita en lingua galega. 2. O premio ten catro categorías, unha por cada un dos institutos organizadores e outra libre para calquera estudante de ESO ou do Bacharelato que estea cursando estudos nalgún centro público galego, e consistirá no envío dos poemas á estratosfera dentro da cápsula MarumaSat III tras a súa lectura pública no acto do lanzamento. Se poden recuperarse, devolveranse certificados ás súas autoras ou autores e en caso de que se perdesen na viaxe certificarase unha copia exacta. Todos eles serán debidamente enmarcados antes de devolvérense ás súas autoras...

O EDLG PI-DE SELFIES

Imaxe

NOSA FAMILIA. FESTIVAL DO ENTROIDO

Imaxe

A LINGUA NON PARA. CORRELINGUA 2018

Imaxe
CORRELINGUA , denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e á infancia e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. A intención é que a carreira non sexa só un acto puntual que coincide coa celebración do Día das Letras Galegas, senón unha actividade extensa no tempo que serva de pretexto para a dinamización lingüística nos centros de ensino. Aparte da carreira e da festa final que se organiza ao seu remate no Día das Letras, organízanse concursos escolares. Se estades interesados/as poderemos inscribirnos no concurso de elaboración de manifesto ou no de vídeo. A continuación deixamos os enlaces: Concurso de redacción do Manifesto Concurso de elaboració...

O SAMAÍN

Imaxe
Un ano máis, celebramos a xa tradicional sesión de relatos de medo no Camilo José Cela. Este ano os premiados foron os de  Lara Chenlo Regos  (1º Premio) e  Iago Otero Mejuto  (2º premio). Podes ler o relato gañador do primeiro premio se premes  aquí . A cabaza premiada pertenceu, un ano máis, a  Ángel Pérez Mariño . Os epitafios gañadores foron os de  Dana Sánchez Méndez (1º premio) e  Xairo Vecino Vázquez  (2º premio). E non vos esquezades de estar atentos e atentas á pantalla do recibidor do instituto para ver as fotos do “evento”!!!