Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Actividades18-19

CONSTRUINDO CÚPULAS 2018

Imaxe
Para rematar o primeiro trimestre o Departamento de Matemáticas dos IES Camilo José Cela deseñou unha actividade denominada “Construíndo Cúpulas” . Nesta actividade participaron tódolos cursos da ESO máis o grupo de Métodos Matemáticos de segundo de bacharelato. Para a actividade solicitáronse dúas caixas de pezas á Fundación Escola Rosalía de Vigo . Estas caixa conteñen as pezas coas que se poden construír ata once estruturas diferentes que non precisan ningún tipo de unión para sosterse. Entre a multitude de documentos de Leonardo Da Vinci atopáronse os primeiros debuxos e esquemas destas estruturas, e a versatilidade deste material cedido pola Escola Rosalía, merece ser difundido nos centros educativos.   Por ser a primeira vez que se facía esta actividade no centro, decidiuse facer só nove destas estruturas, e facelo dun xeito lúdico, pero as posibilidades matemáticas que ofrece este material son enormes. Para facilitarlle a comprensión ao alumnado empregáronse unhas ficha...

EN XANEIRO SEGUIMOS RECOLLENDO LENTELLAS

Imaxe
É a primeira vez que botamos man do Fondo Solidario que imos xuntando coas aportacións de alumnado e profesorado para completar o lote que doaremos periodicamente á Fundación Amigos de Galicia. Durante este curso será o alumnado de Primeiro da ESO, quen se encargue da convocatoria e recollida no CEIP Flavia, o cole de onde maioritariamente proceden. Puidemos xuntar 60 euros que invertimos en cacao e galletas, destinados a familias necesitadas da nosa comarca con menores a cargo. Velaquí están algunhas das súas opinións sobre esta primeira experiencia. Dende a Fundación Amigos de Galicia remítennos mensualmente a relación de produtos recibidos no seu almacén de Vilagarcía.

25N FEMINISMO NO CELA

25 NOVEMBRO. POLIFONÍA DE VOCES EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO A mocidade do IES Camilo José Cela non quixo permanecer en silencio o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A súa capacidade creativa e espírito reivindicativo uníronse para tecer, a partir da conxunción das súas voces, unha clara manifestación artística en contra de calquera feito que poida magoar, mancar, ferir... a calquera individuo sen importar as súas condicións particulares. Tras a vivaz presentación de Ana e Claudia, todas as persoas presentes deixáronse levar pola extraordinaria e sentida interpretación de Carmen, Fátima e Raquel, que musicaron "Imagine" de John Lennon.  A seguir o alumnado que participa no EDLG interviu coa lectura de poemas que el mesmo escolmou a partir dunha ampla mostra de textos contra a violencia de xénero. Así Noa leu "Declaración de independencia", de Carlos Negro. Sara, "Verdade, bico ou atrevemento", de Carlos Negro. Emir, "Apenas...

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: DOMINGO FONTÁN

Imaxe
O luns 8 de outubro, a Real Academia das Ciencias acolleu o acto académico que homenaxeou o autor da Carta Xeométrica de Galicia, Domingo Fontán Rodríguez.   Este ano no Día da Ciencia en galego homenaxéase a Domingo Fontán, porque se cumpren 230 anos do seu nacemento. No portal da Ciencia Galega tedes toda a información. Desde o departamento de matemáticas do IES Camilo José Cela, a profesora Maite Castro sempre tenta facer algunha actIvidade de interese co alumnado en galego, xa que tras o Decreto do Plurilingüismo a materia de matemáticas só se pode impartir en castelán. Como galegofalante que é, cousa que normalmente lle sorprende ao alumnado, goza de xeito particular dese día. Este ano a Real Academia das Ciencias púxollo realmente fácil, posto que lle gusta moito todo o relacionado cos mapas e a cartografía en xeral. Ademais, contou coa colaboración de Xoán Santaló, profesor de Xeografía e Historia que é un namorado dese tema. Así Santaló fixo unha introdució...