Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Teatro

A farsa das zocas

Imaxe
 Para despedir o curso, o grupo de teatro do EDLG realizou a representación da obra teatral A farsa das zocas , de Ricardo Carvalho Calero , representada no Auditorio de Padrón. Parabéns a todo o alumnado e profesorado colaborador, que estiveron todo o curso esforzándose para que a representación fose un éxito!

ASISTENCIA DO ALUMNADO DE 2º BAC A UNHA OBRA DE TEATRO DE CHÉVERE

Imaxe
 A comezos deste curso, o 7 de novembro de 2022, o alumnado de 2º de Bacharelato asistiu no Auditorio de Santiago de Compostela a unha interesantísima representación da obra Curva España , do recoñecido grupo de teatro Chévere . Esta actividade foi organizada polo EDLG en colaboración coa Vicedirección e o Departamento de Lingua Galega e Literatura. O alumnado (como podedes comprobar na foto) mostrouse encantado coa representación. Houbo unha importante asistencia de alumnos e alumnas de diferentes centros, sobre todo da zona de Compostela. A obra serviu para que nos achegásemos ao teatro máis innovador, dado que Chévere é unha compañía que se caracteriza sempre pola procura de novas vías de expresión na escena e pola mestura do teatro con outras expresións audiovisuais. Neste caso, integraba elementos como a filmación en vídeo, a crítica socio-política e a análise histórica para crear un falso documental e unha biografía ficticio-real dun personaxe e duns feitos históricos. A tra...

Dúo Vaguedades no Cela II

Imaxe

Rosalía e Pondal no Cela / Dúo Vaguedades

Imaxe
Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nun proxecto audiovisual que mestura humor e música e que propón unha revisión cómica de diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, así como dos fitos máis sobranceiros do noso patrimonio cultural. Onte achegáronse ao noso centro baixo o auspicio da Asociación Correlingua e fixéronnos a tarde do martes máis agradable e divertida. A representación foi dirixida ao todo o alumnado de 3º e 4º ESO.