Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Mes das Letras
Imaxe
 Este ano, para festexar as Letras Galegas, contamos de novo coa visita de Pinto de Herbón e Caruncho, que desenvolveron un Obradoiro de Regueifa co alumnado de 2º de ESO. Terra de Iria, terra regueifeira!  

Nomeamos as aulas con Inma López Silva

Imaxe
Por fin este ano levamos a cabo unha actividade que, desde o EDLG do centro, xa tiñamos prevista desde hai tempo: nomeamos as aulas con nomes de autoras da nosa literatura! Este curso foron 12 aulas as que recibiron nome, todas as dos grupos-clase. E, ademais, nomeamos a biblioteca co nome de Rosalía de Castro e o salón de actos dedicámosllo a Xela Arias , no ano en que é homenaxeada no Día das Letras.   E para completar a celebración, o día 20 de maio acompañounos Inma López Silv a, facendo os honores e inaugurando a placa que leva o seu nome nunha das aulas. Ademais, tivemos un encontro con ela e o alumnado de 1º de Bacharelato para falar de muller, literatura e feminismo. A autora mostrouse encantada coa iniciativa. Esta iniciativa terá, por suposto, continuidade. En vindeiros cursos ampliaremos o número de aulas con nome, xa que aínda nos quedan unhas cantas... E seguiremos na tarefa de visibilizar as nosas letras e as nosas autoras.

Carvalho Calero no Día das Letras de 2020

Este curso, a pesar da situación en que estamos debido a alerta sanitaria, non nos esquecemos de celebrar o Día das Letras Galegas. A persoa homenaxeada este ano é toda unha referencia para o mundo da cultura galega, xa que formou parte do Seminario de Estudos Galegos e fixo achegas en todos os campos do estudo do idioma, ademais de ser o primeiro catedrático universitario de Lingua Galega: Ricardo Carvalho Calero . No EDLG do IES Camilo José Cela elaboramos unha presentación para dar a coñecer a figura deste insigne estudoso das nosas letras. Ademais, achegamos unhas actividades interactivas para que as realicedes, logo de ver a presentación, e pasedes un momento entretido. Para realizalas premede neste enlace . Se vos pide unha clarve, premede en "entrar como convidado". Carballo Calero. LETRAS 2020 by iriafala on Scribd

DEPORTE DE BASE E DEPORTE PROFESIONAL NO CELA

Imaxe
Nas dúas charlas que tiveron lugar os martes 22 e 29 deste mes o protagonista foi o alumnado e ex alumnado do noso centro que ou ben se adicaron ou adican na actualidade ao deporte profesional, como Jesús Blanco Villar e Uxío Abuín, ou practican o deporte de base: Carmen Revillas e Ana Lorenzo, xogadoras de baloncesto no club de Pontecesures, Bárbara Alonso, árbitro de fútbol, Iria Romero e Rosalía García, piragüistas do Club Náutico de Pontecesures e As Torres de Catoira, respectivamente. As charlas foron presentadas e moderadas por Alfonso Blanco Noya (ciclista afeccionado e youtuber), Manuel Calvo Dopazo (triatleta afeccionado) e pola profesora de pedagoxía terapéutica Ada Cuadrado Lorenzo.