Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Fotos

DEPORTE DE BASE E DEPORTE PROFESIONAL NO CELA

Imaxe
Nas dúas charlas que tiveron lugar os martes 22 e 29 deste mes o protagonista foi o alumnado e ex alumnado do noso centro que ou ben se adicaron ou adican na actualidade ao deporte profesional, como Jesús Blanco Villar e Uxío Abuín, ou practican o deporte de base: Carmen Revillas e Ana Lorenzo, xogadoras de baloncesto no club de Pontecesures, Bárbara Alonso, árbitro de fútbol, Iria Romero e Rosalía García, piragüistas do Club Náutico de Pontecesures e As Torres de Catoira, respectivamente. As charlas foron presentadas e moderadas por Alfonso Blanco Noya (ciclista afeccionado e youtuber), Manuel Calvo Dopazo (triatleta afeccionado) e pola profesora de pedagoxía terapéutica Ada Cuadrado Lorenzo.

V OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA

Imaxe
A Olimpíada é unha iniciativa que se propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo, tempos nos que as novas leis educativas tenden cara a vías dominadas por unha estreita razón instrumental sen deixar apenas lugar para o pensamento crítico. O grupo de alumnado de Obradoiro de publicidade e contrapublicidade participou por primeira vez na Olimpíada filosófica de Galicia, na sección de fotografía.  A pesar do temporal estivemos alí, na Facultade de filosofía, asistindo ás sesións de defensa de dilemas morais, de disertacións, de fotografías e de vídeos producidos polo alumnado seleccionado baixo o lema UTOPÍA E REVOLUCIÓN.  Seleccionado para a exposición:   Paula Cascallar (Sinais). Seleccionada para a exposición:  Daniel Pena ("Ninguén é perfecto") Sesión de disertacións finalistas. Roteiro "Maio do 68 en Compostela". Facultade de Medicina. Pic-nic musical colectivo: Revolution, The Beatles....

PROXECTO MIL GRÚAS POLA PAZ

Imaxe
Recta final do Proxecto Mil Grúas pola Paz construídas pola comunidade educativa do IES Camilo José Cela. Logo da última fase na que penduramos os reas de figuriñas de papel de cor só resta agardar polas actividades que conmemorarán (iso si con retraso) o Día Escolar da Non Violencia e a Paz previstas para o venres. Recibiredes debida información e fotos! Un saúdo fraterno e sereo. E aí van unhas fotos

O GALEGO É SOLIDARIO

Imaxe
O alumnado de Valores éticos de 1º da ESO presentou a campaña solidaria de recollida de alimentos que, en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, se desenvolve durante todo o presente curso académico. Primeiro fixérono no noso centro, en todas as nosas aulas; logo, no CPI Flavia, centro que á fin incorporamos á nosa iniciativa. Galería de imaxes O alumno de cuarto da ESO, Xairo Vecino, colaborou amablemente co grupo de presentación no que foi o seu centro de educación primaria improvisando unhas coplas solidarias. Engadimos finalmente esta foto na que se pode ver a algúns/algunhas integrantes do EDL conversando coa directora do CPI Flavia e coa vicedirectora do noso centro coa intención de sumar apoios aos nosos proxectos e estendelos aos/ás escolares que tarde o cedo será alumnado do Cela.

25N EN IMAXES

Imaxe
Clicade na imaxe de abaixo se queredes acceder á galería de fotos das actividades organizadas con motivo do Día contra a violencia de xénero . Intervención interpelativa a cargo do Obradoiro de Publicidade e contrapublicidade. Exposición de textos contra a violencia (hall) Conferencia a cargo da profesora e feminista Nanina Santos. Acción performática colectiva Proxecto Bóla de Neve.