A Olimpíada é unha iniciativa que se propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo, tempos nos que as novas leis educativas tenden cara a vías dominadas por unha estreita razón instrumental sen deixar apenas lugar para o pensamento crítico.
O grupo de alumnado de Obradoiro de publicidade e contrapublicidade participou por primeira vez na Olimpíada filosófica de Galicia, na sección de fotografía.
A pesar do temporal estivemos alí, na Facultade de filosofía, asistindo ás sesións de defensa de dilemas morais, de disertacións, de fotografías e de vídeos producidos polo alumnado seleccionado baixo o lema UTOPÍA E REVOLUCIÓN.
|
Seleccionado para a exposición: Paula Cascallar (Sinais). |
|
Seleccionada para a exposición: Daniel Pena ("Ninguén é perfecto")
|
|
Sesión de disertacións finalistas. |
|
Roteiro "Maio do 68 en Compostela". Facultade de Medicina. |
|
Pic-nic musical colectivo: Revolution, The Beatles. |
|
Sesión de finalistas de Dilemas morais. |
Comentarios
Publicar un comentario