Publicacións

DA LITERATURA A OUTRAS ARTES

Imaxe
DA LITERATURA A OUTRAS ARTES O 9 de outubro, o alumnado de 3° e 4° da ESO participou nun obradoiro de videocreación. A partir dun texto literario, cada grupo traballou a expresión teatral e realizou a súa proposta de interpretación para gravar unha curta. Nesta ocasión escollemos varios relatos do libro Made in Galiza de Séchu Sende. Velaquí unhas imaxes da actividade:

A PREGUNTA. GRAN ESTREA.

Imaxe
  A PREGUNTA. Hai moitas preguntas que facer. Diríase que detrás de cada certeza e de cada acontecemento hai agochada alomenos unha pregunta. As preguntas moven, activan, xeneran enerxía, dan pulo ás relacións, tenden pontes entre os demais e abren as nosas vidas. Unha vida sen preguntas non é humana. Mais as preguntas son tamén incómodas. Hai moitas que ninguén quere escoitar. E outras que nin siquera ousamos formular. A pregunta pola pobreza e a desigualdade é unha desas preguntas incómodas e desacougantes. Así comeza o vídeo realizado polo alumnado de Valores éticos de 1º ESO. Aos poucos vanse debullando opinións de diferentes persoas que se van incorporando no proceso colaborativo da búsqueda de respostas que, paradoxicamente, fican inconclusas. Porque hai decote un máis aló da pregunta, un treito inhóspito para o noso paso. A meta incluída no propio camiñar.

REMATE DA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Imaxe
Remata o Proxecto Solidario coa última recollida de alimentos, desta vez alimentos sen glute, destinados ás familias sen recursos da comarca, en conlaboración coa Fundación Amigos de Galicia. Maña martes visitaremos o almacén de alimentos que a Fundación ten en Vilagarcía de Arousa. E culminaremos a nosa andaina coa Gala Solidaria á que está convidado todo o alumnado da ESO. Nela proxectaranse os vídeos realizados ao longo do curso nos que o alumnado expresa a súa opinión sobre a pobreza e a solidariedade. SOLIDARIOS I SOLIDARIOS II OS DATOS DO DEREITO / NUN MUDO DO REVÉS A PREGUNTA

DEPORTE DE BASE E DEPORTE PROFESIONAL NO CELA

Imaxe
Nas dúas charlas que tiveron lugar os martes 22 e 29 deste mes o protagonista foi o alumnado e ex alumnado do noso centro que ou ben se adicaron ou adican na actualidade ao deporte profesional, como Jesús Blanco Villar e Uxío Abuín, ou practican o deporte de base: Carmen Revillas e Ana Lorenzo, xogadoras de baloncesto no club de Pontecesures, Bárbara Alonso, árbitro de fútbol, Iria Romero e Rosalía García, piragüistas do Club Náutico de Pontecesures e As Torres de Catoira, respectivamente. As charlas foron presentadas e moderadas por Alfonso Blanco Noya (ciclista afeccionado e youtuber), Manuel Calvo Dopazo (triatleta afeccionado) e pola profesora de pedagoxía terapéutica Ada Cuadrado Lorenzo.

CANGURO MATEMÁTICO

Imaxe
O pasado 15 de Marzo, dezaoito alumnos e alumnas de 1º , 2º e 3º da ESO participaron no XXV CANGURO MATEMÁTICO. O concurso consiste en contestar, durante 75 minutos, a un test de 30 preguntas en orden crecente de dificultade. Todos o alumnado estaba moi motivado e con eles e elas as profesoras Mª Teresa Castro Bustelo e Rosa Ana Mirón Blanco.

REGUEIFANDO A PÉ DE CAMPO

Imaxe
Documento gráfico histórico. No paseo do Espolón, na mañá espelida dun vinteséis de abril, ao pé das estatuas de Cela e Rosalía, Brais e Xairo enfrontados, a cara de can, nunha disputa verbal aceda e inxeniosa. Compartimos este combate-canto convosco e que sirva como testemuño de que a regueifa sigue viva. Por Herbón, por Carcacía, por Padrón enteiro e por Galizia. Eís a palabra en rima.

RECOLLIDAS SOLIDARIAS

Imaxe
Outro mes máis, a comunidade educativa do Cela contribuiu de modo solidario na recollida mensual de alimentos e na creación dun fondo, tamén mensual, para a compra de produtos. Desta vez foi o alumnado de valores éticos de Primeiro da ESO quen se encargou de facer a compra. E estas son as imaxes.