Publicacións

A lingua galega tamén é transmisora da ciencia

Imaxe
A lingua galega tamén é transmisora da ciencia    No marco da Semana das Ciencias, o alumnado de 2º da ESO do IES Camilo José Cela confeccionou a seguinte táboa periódica, baixo a coordinación da profesora Sonia Gey do Departamento de Física e Química.      Para complementar a táboa periódica, o alumnado de 4º de CAAP elaborou diferentes textos ao redor dos seus elementos, nos que se incluíron o nome, o símbolo e a utilidade na industria actual.    O alumnado de 3ª da ESO centrouse nas achegas á ciencia de mulleres célebres, entre as que están Lise Meitner e Mileva Marić.  

Cambiar a historia

Imaxe
Cambiar a historia Obradoiro de creatividade en clave de xénero O martes, 20 de novembro, Esther Carrodeguas chegou ao IES Camilo José Cela coa súa maleta acugulada de imaxinación, música, movementos... e os artixulios máis insospeitables para estimular a capacidade creativa e reflexiva do alumnado de primeiro de Bacharelato. Coa vitalidade, entusiasmo e ludismo que caracterizan a Carrodeguas, o noso alumnado abandonou o seu papel de público para rachar a cuarta parede e asumir o protagonismo central deste obradoiro de reflexión creativa, no que se traballou a prevención e sensibilización sobre a violencia de xénero a través de diversos recursos artísticos e posterior foro. Así partiron da idea de que se pode “cambiar a historia” redebuxándoa, sobre todo a partir da implementación dunha serie de mudanzas no noso comportamento diario para poder compoñer un “futuro” diferente. Desde unha metodoloxía participativa, cooperativa, crítica, lúdic...

Unha contada de MEDO

Imaxe
Unha contada de MEDO O venres día 9 de novembro os alumnos e alumnas de 1º da ESO A e B tomaron rumbo cara ao CEIP Flavia para contarlle contos de medo ao alumnado de educación infantil. Foi unha xornada cargada de emocións, pois para boa parte deles supuña o reencontro co seu centro educativo previo e co profesorado de primaria. Tras a chegada, foron recibidos polo equipo directivo e parte do profesorado que os acompañaron ata a biblioteca, onde fixeron os últimos ensaios, se vestiron, se maquillaron... para sorprender os máis pequenos coas dramatizacións. Os contos que leron, interpretaron e mesmo representaron con monicreques foron os seguintes: Montruo ¡Sé bueno! , Gato Guille e os monstros , Un montruo , Un pesadelo no meu armario , Monstruo rosa , A visita dos troles , Carabuñas , A bruxa regañadentes , Te aseguro que los monstruos no existen , Para esconderse de un monstruo , O grúfalo e A figueira de Pelos Tortos . ...

SAMAÍN 2018

Imaxe
Samaín 2018 O IES Camilo José Cela non quixo perder a celebración do Samaín, polo que o alumnado puxo en funcionamento a súa creatividade e dotes interpretativos para escribir, cantar, bailar… e así poder espantar os espíritos malignos. Neste ano 2018, Teo e Lara foron os encargados de conducir o encontro festivo que tivo lugar nun salón de actos ateigado da rapazada máis animada. Co propósito de crear unha atmosfera acorde co Samaín, comezouse coa lectura e entrega dos recoñecementos e galardóns a aquelas alumnas e alumnos que participaron no Concurso de Relatos de Terror que convocaron o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca do IES Camilo José Cela.                 O 2º accésit foi para “Os ladróns de carpos”, de Lucía Hermida Ramos (1º ESO B). O 1º accésit, para “Samaín terrorífico”, de Marta Veiga Rodríguez (1º ESO A). Xa entrando nos gañadores, o texto galardoado co 2º premio fo...

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: DOMINGO FONTÁN

Imaxe
O luns 8 de outubro, a Real Academia das Ciencias acolleu o acto académico que homenaxeou o autor da Carta Xeométrica de Galicia, Domingo Fontán Rodríguez.   Este ano no Día da Ciencia en galego homenaxéase a Domingo Fontán, porque se cumpren 230 anos do seu nacemento. No portal da Ciencia Galega tedes toda a información. Desde o departamento de matemáticas do IES Camilo José Cela, a profesora Maite Castro sempre tenta facer algunha actIvidade de interese co alumnado en galego, xa que tras o Decreto do Plurilingüismo a materia de matemáticas só se pode impartir en castelán. Como galegofalante que é, cousa que normalmente lle sorprende ao alumnado, goza de xeito particular dese día. Este ano a Real Academia das Ciencias púxollo realmente fácil, posto que lle gusta moito todo o relacionado cos mapas e a cartografía en xeral. Ademais, contou coa colaboración de Xoán Santaló, profesor de Xeografía e Historia que é un namorado dese tema. Así Santaló fixo unha introdució...