Publicacións

Leliadoura 2020

Imaxe
Neste curso tan accidentado, despois da suspensión das clases pola implantación do estado de alarma o 14 de marzo, non pensabamos que fose posible a edición da nosa revista. Pero o traballo e a constancia do equipo de redacción fixo que Leliadoura non interrompese a súa andaina e volve estar dispoñible para toda a comunidade escolar. Neste número 3 da nova etapa dáse testemuña de todo o que aconteceu neste curso que nunca esqueceremos. Premede na portada da revista e poderedes ler un documento único e vivo.

Carvalho Calero no Día das Letras de 2020

Este curso, a pesar da situación en que estamos debido a alerta sanitaria, non nos esquecemos de celebrar o Día das Letras Galegas. A persoa homenaxeada este ano é toda unha referencia para o mundo da cultura galega, xa que formou parte do Seminario de Estudos Galegos e fixo achegas en todos os campos do estudo do idioma, ademais de ser o primeiro catedrático universitario de Lingua Galega: Ricardo Carvalho Calero . No EDLG do IES Camilo José Cela elaboramos unha presentación para dar a coñecer a figura deste insigne estudoso das nosas letras. Ademais, achegamos unhas actividades interactivas para que as realicedes, logo de ver a presentación, e pasedes un momento entretido. Para realizalas premede neste enlace . Se vos pide unha clarve, premede en "entrar como convidado". Carballo Calero. LETRAS 2020 by iriafala on Scribd

Entroido 2020

Imaxe
Aínda é tempo de Entroido e no Cela esta data tivo a repercusión de costume. Comezamos anticipando o día grande cun obradoiro de confección de caretas, por parte de alumnado de 4º e de 1º de ESO. E chegou o dia sinalado: o venres 21 de febreiro tivo lugar o concurso de disfraces, coma sempre moi animado e que contou coa colaboración de alumnado e profesorado. Se queredes ver as fotos, premede no seguinte enlace .

FELIZ 2020!!!

Imaxe
Aproveitamos para felicitar o ano novo coa tarxeta de Nadal do insti. MOI FELIZ 2020!!!

Regesamos co Samaín

Imaxe
Despois dunha ausencia temporal, reanudamos as nosas publicacións no blog. A mellor maneira de facelo é compartindo convosco as fotos dunha cita clásica no noso centro: o SAMAÍN . Se queres ver todas as fotos e non conformarte só con esta pequena mostra, preme aquí .

P.S. SEGUNDA RECOLLIDA-COMPRA-RECONTO. XANEIRO 2019

Imaxe
Logo da segunda campaña do Proxecto Solidario, a través da que se recaudaron 61 euros para a compra de alimentos de primeira necesidade (74 bolsas de lentellas), comezamos xa a seguinte. Mentres un grupo de alumnado de Valores éticos saíu a mercar no supermercado local máis cercano, outro encargouse de repartir as notificacións para as familias en todas as aulas do centro para informar do produto que a Fundación Amigos de Galicia precisa para a distribución dos lotes entre as familias necesitadas con fillos/as a cargo. Durante o mes de febreiro recolleremos: PRODUTOS SEN GLUTE Colabora coa campaña.  A diferenza é un feito.  A indiferenza, unha opción.  Opta pola solidariedade.  Colabora. Doa.

CONSTRUINDO CÚPULAS 2018

Imaxe
Para rematar o primeiro trimestre o Departamento de Matemáticas dos IES Camilo José Cela deseñou unha actividade denominada “Construíndo Cúpulas” . Nesta actividade participaron tódolos cursos da ESO máis o grupo de Métodos Matemáticos de segundo de bacharelato. Para a actividade solicitáronse dúas caixas de pezas á Fundación Escola Rosalía de Vigo . Estas caixa conteñen as pezas coas que se poden construír ata once estruturas diferentes que non precisan ningún tipo de unión para sosterse. Entre a multitude de documentos de Leonardo Da Vinci atopáronse os primeiros debuxos e esquemas destas estruturas, e a versatilidade deste material cedido pola Escola Rosalía, merece ser difundido nos centros educativos.   Por ser a primeira vez que se facía esta actividade no centro, decidiuse facer só nove destas estruturas, e facelo dun xeito lúdico, pero as posibilidades matemáticas que ofrece este material son enormes. Para facilitarlle a comprensión ao alumnado empregáronse unhas ficha...