Publicacións

8M no IES Camilo José Cela

Imaxe
A loita pola igualdade e polos dereitos da muller é un sinal de identidade no noso centro. Este ano, como é habitual,  organizamos distintos actos e exposicións, colaborando o EDLG coa vicedirección, coa biblioteca e con moitos membros do profesorado e do alumnado. Deixámosvos  ver unha mostra!

24 de febreiro. Día de Rosalía no IES Camilo José Cela

Imaxe
Este ano, de novo, celebramos o Día de Rosalía, conmemorando o nacemento da nosa autora de referencia cunha iniciativa especial: repartimos plantas e versos de Rosalía. Cada alumno e cada alumna levaron unha macetiña con un pensamento e uns versos da poeta de Galicia. Como podedes ver nas fotos, o alumnado estivo encantado coa iniciativa e co xeito de facer presente a figura e a poesía de Rosalía de Castro.

Celebrando o Día da Paz con versos e baile

Imaxe
 Este mes de xaneiro rematou coa celebración do Día da Paz nas canchas deportivas do IES Camilo José Cela. Un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato, axudadas por David, o seu profe de Educación Física, agasalláronos cun baile pola paz: Houbo lectura de poemas, tamén por parte do alumnado de 1º de Bacharelato: E, por suposto, o resto da comunidade sumouse ao espectáculo!

Nadal 2020

Imaxe
  Xa vai alá o primeiro trimestre deste curso tan estraño que nos tocou vivir. Chegaron as vacacións de Nadal e no IES Camilo José Cela organizamos un concurso de postais.  Esta foi a postal gañadora, deseñada por Marta Le Pérez Boga de 1ºB de Bacharelato, coa que o instituto vos desexa un bo Nadal, cheo de emocións vellas, de esperanzas novas e de apertas virtuais.   Outras que se presentaron ao concurso...

25N no Camilo José Cela - 2020

Imaxe
   Un 25N diferente. O IES Camilo José Cela non quixo deixar pasar esta data sen deixar constancia da repulsa  da violencia contra a muller. O alumnado traballou con diferentes textos que nos convidan a reflexionar sobre o papel que desempeñamos, para inverter unha situación que nos afecta a todos e todas.  

O Samaín - Contos de medo

Imaxe
    O novo curso botou a andar coa normalidade que a Covid-19 nos impuxo pero, a pesar de que este ano foi un Samaín diferente, no IES Camilo José Cela non quixemos esquecer esas datas e deixamos que o medo deambulara polos corredores.  Organizamos un concurso de "Contos de medo". Habitualmente, a entrega destes premios facíase no Salón de Actos "terrorificamente" decorado para a ocasión. A continuación os mozos e mozas lían os seus relatos, premiados ou non. Este ano tocou lelos en cadansúa aula de referencia.     Categoría  de 1º, 2º e 3ºESO  1º premio: A tumba encantada de Álex Cobas Caeiro, 1ºA de ESO    A tumba encantada       Eran as 8 e 15 da mañá cando Lía, unha rapaza de 12 anos co cabelo loiro e rizado e cuns ollos verdes, espertou mirando o reloxo que sempre tiña posto na man dereita e levantouse apresurada, xa que ía perder o autobús do colexio, porque non a espertara ninguén. Súa nai, que traballaba ...

Leliadoura 2020

Imaxe
Neste curso tan accidentado, despois da suspensión das clases pola implantación do estado de alarma o 14 de marzo, non pensabamos que fose posible a edición da nosa revista. Pero o traballo e a constancia do equipo de redacción fixo que Leliadoura non interrompese a súa andaina e volve estar dispoñible para toda a comunidade escolar. Neste número 3 da nova etapa dáse testemuña de todo o que aconteceu neste curso que nunca esqueceremos. Premede na portada da revista e poderedes ler un documento único e vivo.