Publicacións

A LINGUA GALEGA: UNHA OPORTUNIDADE

Imaxe
 O escritor Manuel Núñez Singala visita o noso centro para facernos reflexionar sobre a nosa língua, entendéndoa como unha riqueza patrimonial da que debemos sentir orgullo e facer uso dela en calquer contexto. Os alumnos de 4ºESO e 1º BACH foron o público deste encontro co autor no que se debateron cuestións como os prexuizos lingüísticos e a idiosincrasia galega.

Dúo Vaguedades no Cela II

Imaxe

Rosalía e Pondal no Cela / Dúo Vaguedades

Imaxe
Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nun proxecto audiovisual que mestura humor e música e que propón unha revisión cómica de diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, así como dos fitos máis sobranceiros do noso patrimonio cultural. Onte achegáronse ao noso centro baixo o auspicio da Asociación Correlingua e fixéronnos a tarde do martes máis agradable e divertida. A representación foi dirixida ao todo o alumnado de 3º e 4º ESO.

Actividades contra a violencia de xénero / 25-N

Imaxe
   

Nomeamos as aulas con Inma López Silva

Imaxe
Por fin este ano levamos a cabo unha actividade que, desde o EDLG do centro, xa tiñamos prevista desde hai tempo: nomeamos as aulas con nomes de autoras da nosa literatura! Este curso foron 12 aulas as que recibiron nome, todas as dos grupos-clase. E, ademais, nomeamos a biblioteca co nome de Rosalía de Castro e o salón de actos dedicámosllo a Xela Arias , no ano en que é homenaxeada no Día das Letras.   E para completar a celebración, o día 20 de maio acompañounos Inma López Silv a, facendo os honores e inaugurando a placa que leva o seu nome nunha das aulas. Ademais, tivemos un encontro con ela e o alumnado de 1º de Bacharelato para falar de muller, literatura e feminismo. A autora mostrouse encantada coa iniciativa. Esta iniciativa terá, por suposto, continuidade. En vindeiros cursos ampliaremos o número de aulas con nome, xa que aínda nos quedan unhas cantas... E seguiremos na tarefa de visibilizar as nosas letras e as nosas autoras.

Antía Yáñez no IES Camilo José Cela

Imaxe
 O pasado mércores 24 de marzo visitounos unha das principais voces novas da narrativa galega actual, Antía Yáñez. A escritora falounos da súa aclamada novela, Senlleiras . E isto deu pé a que disertara, de xeito moi ameno, sobre violencia de xénero cara á muller, expresada de moitas maneiras a través da nosa historia recente. Tamén houbo tempo para explicar o proceso de creación da novela e algúns detalles sobre os escenarios e personaxes que aparecen nela.   O alumnado de 1º de Bacharelato participou no faladoiro. Ao final, Antía prestouse a dedicar os exemplares da novela que lle levaron. Deixámosvos as fotos!

8M no IES Camilo José Cela

Imaxe
A loita pola igualdade e polos dereitos da muller é un sinal de identidade no noso centro. Este ano, como é habitual,  organizamos distintos actos e exposicións, colaborando o EDLG coa vicedirección, coa biblioteca e con moitos membros do profesorado e do alumnado. Deixámosvos  ver unha mostra!