Publicacións

Leliadoura 2022

Imaxe
 Para rematar este curso, compartimos con vós o enlace ao novo número da revista Leliadoura. Como sempre, atoparedes nela e no exemplar en papel toda a información sobre a actividade do EDLG e do centro en xeral durante o curso 2021-2022. Premede na portada para poder lela.  E despois de ler a revista... a desfrutar do verán. Vémonos o curso que vén. iafala/docs/leliadoura_2022v https://issuu.com/iriafala/docs/leliadoura_2022

Gurriarán no Cela

Imaxe
 Unha das actividades máis significadas do IES Camilo José Cela neste ano dedicado a Florencio Delgado Gurriarán foi a charla celebrada o pasado 31 de marzo. Estivo connosco o maior coñecedor e divulgador da obra do autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas, Ricardo Gurriarán. Como podedes supoñer, ademais, este investigador e historiador é familiar do autor de Córgomo. Estivo falando co alumnado de 2º de Bacharelato e foi incorporando ao retrato do autor interesantes vivencias persoais e familiares.

Día de Rosalía e Día da Poesía

Imaxe
Alumnado de 4º de ESO e de 2º de BAC do IES Camilo José Cela de Padrón participou nun intercambio de poemas con alumnado de Educación Infantil do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela. Con este recitado aproveitamos para celebrar o día de Rosalía á par do Día da Poesía. Recitamos poemas de Rosalía de Castro, autora padronesa e universal que naceu en Santiago de Compostela, como símbolo da nosa terra e da nosa poesía. Parabéns ao alumnado participante!

A LINGUA GALEGA: UNHA OPORTUNIDADE

Imaxe
 O escritor Manuel Núñez Singala visita o noso centro para facernos reflexionar sobre a nosa língua, entendéndoa como unha riqueza patrimonial da que debemos sentir orgullo e facer uso dela en calquer contexto. Os alumnos de 4ºESO e 1º BACH foron o público deste encontro co autor no que se debateron cuestións como os prexuizos lingüísticos e a idiosincrasia galega.

Dúo Vaguedades no Cela II

Imaxe

Rosalía e Pondal no Cela / Dúo Vaguedades

Imaxe
Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nun proxecto audiovisual que mestura humor e música e que propón unha revisión cómica de diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, así como dos fitos máis sobranceiros do noso patrimonio cultural. Onte achegáronse ao noso centro baixo o auspicio da Asociación Correlingua e fixéronnos a tarde do martes máis agradable e divertida. A representación foi dirixida ao todo o alumnado de 3º e 4º ESO.

Actividades contra a violencia de xénero / 25-N

Imaxe