Visita de María de la Fuente
Este xoves, día 8 de febreiro, conmemoramos dun xeito moi especial o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Visitounos a científica María de la Fuente, unha das principais investigadoras en nanooncoloxía e nanotecnoloxía da actualidade.
María foi convidada polo EDLG e falou de ciencia, de investigación en Galicia e en galego, do cancro, dos atrancos das mulleres fronte aos homes para consolidar a súa carreira investigadora... De todos estes temas nos achegou a súa visión autorizada e, mesmo, nos contou como sufriu na súa propia carreira a marxinación pola súa condición de muller.
En definitiva, un encontro para lembrar e que superou todas as expectativas no alumnado de 4º de ESO de de 1º de BAC que asistiu. E unha mensaxe clara: pódese e débese facer ciencia en galego e desde Galicia e as mulleres do noso país teñen moitas achegas e descubrimentos cos que contribuír á sociedade.
Comentarios
Publicar un comentario