Publicacións

DEPORTE DE BASE E DEPORTE PROFESIONAL NO CELA

Imaxe
Nas dúas charlas que tiveron lugar os martes 22 e 29 deste mes o protagonista foi o alumnado e ex alumnado do noso centro que ou ben se adicaron ou adican na actualidade ao deporte profesional, como Jesús Blanco Villar e Uxío Abuín, ou practican o deporte de base: Carmen Revillas e Ana Lorenzo, xogadoras de baloncesto no club de Pontecesures, Bárbara Alonso, árbitro de fútbol, Iria Romero e Rosalía García, piragüistas do Club Náutico de Pontecesures e As Torres de Catoira, respectivamente. As charlas foron presentadas e moderadas por Alfonso Blanco Noya (ciclista afeccionado e youtuber), Manuel Calvo Dopazo (triatleta afeccionado) e pola profesora de pedagoxía terapéutica Ada Cuadrado Lorenzo.

CANGURO MATEMÁTICO

Imaxe
O pasado 15 de Marzo, dezaoito alumnos e alumnas de 1º , 2º e 3º da ESO participaron no XXV CANGURO MATEMÁTICO. O concurso consiste en contestar, durante 75 minutos, a un test de 30 preguntas en orden crecente de dificultade. Todos o alumnado estaba moi motivado e con eles e elas as profesoras Mª Teresa Castro Bustelo e Rosa Ana Mirón Blanco.

REGUEIFANDO A PÉ DE CAMPO

Imaxe
Documento gráfico histórico. No paseo do Espolón, na mañá espelida dun vinteséis de abril, ao pé das estatuas de Cela e Rosalía, Brais e Xairo enfrontados, a cara de can, nunha disputa verbal aceda e inxeniosa. Compartimos este combate-canto convosco e que sirva como testemuño de que a regueifa sigue viva. Por Herbón, por Carcacía, por Padrón enteiro e por Galizia. Eís a palabra en rima.

RECOLLIDAS SOLIDARIAS

Imaxe
Outro mes máis, a comunidade educativa do Cela contribuiu de modo solidario na recollida mensual de alimentos e na creación dun fondo, tamén mensual, para a compra de produtos. Desta vez foi o alumnado de valores éticos de Primeiro da ESO quen se encargou de facer a compra. E estas son as imaxes.

21 M. DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

Imaxe
A poesía é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación. A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar de maneira sempre renovada a forma en que usamos as palabras e as cousas, e os nosos modos de percibir e interpretar a realidade. Grazas ás súas asociacións e metáforas e á súa gramática singular, a linguaxe poética constitúe, pois, outra faceta posible do diálogo entre as culturas. A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi aprobada pola UNESCO durante o seu 30º período de sesións, que se celebrou en París en 1999. De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas. Nós fixémolo a través de dúas accións colectivas simultáneas desenvolvidas polo alumnado de fi...

V OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA

Imaxe
A Olimpíada é unha iniciativa que se propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo, tempos nos que as novas leis educativas tenden cara a vías dominadas por unha estreita razón instrumental sen deixar apenas lugar para o pensamento crítico. O grupo de alumnado de Obradoiro de publicidade e contrapublicidade participou por primeira vez na Olimpíada filosófica de Galicia, na sección de fotografía.  A pesar do temporal estivemos alí, na Facultade de filosofía, asistindo ás sesións de defensa de dilemas morais, de disertacións, de fotografías e de vídeos producidos polo alumnado seleccionado baixo o lema UTOPÍA E REVOLUCIÓN.  Seleccionado para a exposición:   Paula Cascallar (Sinais). Seleccionada para a exposición:  Daniel Pena ("Ninguén é perfecto") Sesión de disertacións finalistas. Roteiro "Maio do 68 en Compostela". Facultade de Medicina. Pic-nic musical colectivo: Revolution, The Beatles....

O DÍA DE PI

Imaxe
Velaquí a galería de fotos que o departamento de matemáticas nos enviou para publicar nesta bitácora. Preme sobre a imaxe para acceder a ela.