Seguimos nomeando aulas
Este curso 2023-2024, o EDLG seguiu dando pulo a unha iniciativa que comezou xa uns cursos atrás: nomear as aulas do centro. E seguimos poñendo nome de mulleres galegas aos espazos do IES Camilo José Cela. Este curso nomeamos 6 aulas máis. Unha delas, como xa puxemos noutra entrada, foi a dedicada a Rosa Aneiros, que veu inaugurala en persoa! As outras foron dedicadas a Luísa Villalta (homenaxeada deste xeito no ano das Letras Galegas 2024), Margarita Ledo, María Wonenburger, María de la Fuente e Oria Moreno García. Seguiremos nomeando espazos docentes, que aínda quedan, pero adiantamos que aínda ten que vir alguén máis a inaugurar a súa aula. Terémosvos informados e informadas!