Samaín e xogos populares
Este 29 de novembro, ademais de celebra o Samaín coa tradicional lectura de contos de medo, tivemos unha xornada de recuperación dos xogos tradicionais galegos.
O concurso de relatos de medo estivo interesantísimo. As persoas galardoadas foron Henrique Martínez Bouzón e Noemí Dios Blanco en 1º de ESO e Ernesto Nahuel García Losada e Paula Romero Losada en 2º de ESO. Pero o máis terrorífico aconteceu cando apareceu Astrid Ivanoff caracterizada como a noiva cadáver na entrega dos premios!
Polo que se refire ao circuíto de xogos populares, o alumnado de 1º e 2º de ESO pasouno de marabilla coa corda, a chave, os birlos, a ra... Estes xogos causaron sensación e demostrouse que a tradición pode recuperarse e seguir divertindo os mozos e mozas de hoxe.
Comentarios
Publicar un comentario