Orgullo galego

Para comezar as actividades deste curso, o 25 de outubro tivemos un encontro con Borxa, de @orgullogalego, quen nos falou da situación do galego nas redes. As súas reflexións sobre a escolla do galego como lingua en Internet foron moi interesantes e despertaron o interese do alumnado de 4º de ESO sobre a necesidade de manter a nosa lingua viva nas redes.


A comunidade Orgullo galego xurdiu en 2016 para divulgar a nosa lingua e normalizar o seu uso nas redes sociais. Hoxe en día están presentes creando contido en todas as principais plataformas de internet e redes sociais. Parabéns a esta xente que loita por que a nosa lingua estea presente en todos os ámbitos e sectores!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

O Club de Debate do IES Camilo José Cela alcanza a segunda posición no campionato de debate Alingua