21 M. DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

A poesía é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación. A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar de maneira sempre renovada a forma en que usamos as palabras e as cousas, e os nosos modos de percibir e interpretar a realidade. Grazas ás súas asociacións e metáforas e á súa gramática singular, a linguaxe poética constitúe, pois, outra faceta posible do diálogo entre as culturas.
A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi aprobada pola UNESCO durante o seu 30º período de sesións, que se celebrou en París en 1999. De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.
Nós fixémolo a través de dúas accións colectivas simultáneas desenvolvidas polo alumnado de filosofía e de cultura clásica de 4º da ESO: lecturas de poemas polas rúas de Padrón e pegada de textos nas marxes do río Sar e Camiño de Santiago. Os poemas seleccionadas pertencen a poetas con algunha vinculación estreita coa comarca Baixo-Ulla Sar: Rosalía de Castro, Borobó, Eusebio Lorenzo Baleirón, Lois Miguéns, Anxo Angueira, Gonzalo Hermo, Rosa Enríquez, Carlos Negro, Xosé García Lapido, Xosé García Abalo, Mila Bouzón, Cándido Duro, Álex Chorén, Vili Mosquera, Fernando Rodríguez, , X. Manuel Martínez, Tini G.Abalo, Raquel Glez Caamaño, Corporación Semiótica Galega...








Comentarios

Publicacións populares deste blog

A farsa das zocas