Publicacións

EN XANEIRO SEGUIMOS RECOLLENDO LENTELLAS

Imaxe
É a primeira vez que botamos man do Fondo Solidario que imos xuntando coas aportacións de alumnado e profesorado para completar o lote que doaremos periodicamente á Fundación Amigos de Galicia. Durante este curso será o alumnado de Primeiro da ESO, quen se encargue da convocatoria e recollida no CEIP Flavia, o cole de onde maioritariamente proceden.
Puidemos xuntar 60 euros que invertimos en cacao e galletas, destinados a familias necesitadas da nosa comarca con menores a cargo.
Velaquí están algunhas das súas opinións sobre esta primeira experiencia.
Dende a Fundación Amigos de Galicia remítennos mensualmente a relación de produtos recibidos no seu almacén de Vilagarcía.

Presentación do Proxecto Solidario no CEIP Flavia

Imaxe

25N FEMINISMO NO CELA

25 NOVEMBRO. POLIFONÍA DE VOCES EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

A mocidade do IES Camilo José Cela non quixo permanecer en silencio o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A súa capacidade creativa e espírito reivindicativo uníronse para tecer, a partir da conxunción das súas voces, unha clara manifestación artística en contra de calquera feito que poida magoar, mancar, ferir... a calquera individuo sen importar as súas condicións particulares.

Tras a vivaz presentación de Ana e Claudia, todas as persoas presentes deixáronse levar pola extraordinaria e sentida interpretación de Carmen, Fátima e Raquel, que musicaron "Imagine" de John Lennon.  A seguir o alumnado que participa no EDLG interviu coa lectura de poemas que el mesmo escolmou a partir dunha ampla mostra de textos contra a violencia de xénero. Así

Noa leu "Declaración de independencia", de Carlos Negro.
Sara, "Verdade, bico ou atrevemento", de Carlos Negro.
Emir, "Apenas hai palab…

A lingua galega tamén é transmisora da ciencia

Imaxe
A lingua galega tamén é transmisora da ciencia No marco da Semana das Ciencias, o alumnado de 2º da ESO do IES Camilo José Cela confeccionou a seguinte táboa periódica, baixo a coordinación da profesora Sonia Gey do Departamento de Física e Química. 




Para complementar a táboa periódica, o alumnado de 4º de CAAP elaborou diferentes textos ao redor dos seus elementos, nos que se incluíron o nome, o símbolo e a utilidade na industria actual.





O alumnado de 3ª da ESO centrouse nas achegas á ciencia de mulleres célebres, entre as que están Lise Meitner e Mileva Marić.


Cambiar a historia

Imaxe

Unha contada de MEDO

Imaxe

SAMAÍN 2018

Imaxe