Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2018

A pintura que canta!

Imaxe
Concerto de zanfona . Isaac Díaz Pardo

PROXECTO MIL GRÚAS POLA PAZ

Imaxe
Recta final do Proxecto Mil Grúas pola Paz construídas pola comunidade educativa do IES Camilo José Cela. Logo da última fase na que penduramos os reas de figuriñas de papel de cor só resta agardar polas actividades que conmemorarán (iso si con retraso) o Día Escolar da Non Violencia e a Paz previstas para o venres. Recibiredes debida información e fotos! Un saúdo fraterno e sereo. E aí van unhas fotos

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Imaxe
Celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz de maneira festiva os vindeiros días 2 e 3 de febreiro. O día propio, o 30 de xaneiro, conmemora a data da morte de Mahatma Gandhi, líder da resistencia non violenta contra o colonialismo británico e defensor do dereito de autoxestión dos pobos.

PROXECTO ABERTO POR OBRAS. 30 N

Imaxe
Chegamos á última fase do proxecto. As mil grúas xa están feitas e ensarilladas nos fíos que colgarán para compoñer unha instalación visual alusiva á conmemoración da paz. Galería de fotos

DESCARGA O CALENDARIO

Imaxe
Se queres descargar o calendario dixital de 2018, ilustrado por Leandro Lamas, que a Fundación  Manuel María de Estudos Galegos vén de tirar para conmemorar os 50 anos da aparición do poemario  Os soños na gaiola , obra emblemática de Manuel María que inaugurou a poesía en galego para a xente nova, podes facelo a través deste enlace

NACE A LINGUA NO NADAL

Imaxe
O Nadal non é o noso prato forte, a dicir verdade. Obviando o lado relixioso do asunto é importante para o noso equipo celebrar o final do primeiro trimestre, o remate dos exames e das clases e o comezo dunhas vacacións venturosas polo que teñen de tempo libre, xantares, saídas, familia, amizades e... regalos. Por iso celebramos o Nadal, basicamente. Polo que ten de tránsito, de comezo e de fin a un tempo. Festival de Nadal, en colaboración co Departamento de música: panxoliñas interpretadas por todo o alumnado de musica do centro. Concurso de postais do Nadal (edición de 275 exemplares para distribuir entre toda a comunidade escolar como felicitación navideña). Unha vida entre lobos , conferencia a cargo de Marcos Rodríguez Pantoja,no Auditorio Municipal. Partido de baloncesto mixto : IES Macías o Namorado VS IES Camilo José Cela.

PROXECTO MIL GRÚAS

Imaxe
Por que construir entre todos/as mil grúas de papel? Por poesía, máis ca nada. Porque a historia que sostén o proxecto, xaponesa para máis señas, ten unha dimensión humana e poética que é precisamente a que a converte hoxe nunha historia universal e tamén nun símbolo da paz. Como trasfondo, unha terrible catástrofe produto dunha tráxica decisión humana: o presidente dos EEUU, Harry Truman, decide, logo de bombardear durante seis meses diferentes cidades xaponesas, utilizar a primeira bomba atómica ( Little Boy ) en  Hiroshima o 6 de agosto de 1945. Tres días despois, tocaríalle o turno tamén á Nagashaki. Morreron máis de dúas centas vintecinco mil persoas. Cento trinta mil, aproximadamente, foron feridas. Sadako , a protagonista da historia, tiña dous anos cando presenciou a traxedia pero non foi ate dez anos despois cando tivo que ingresar no hospital diagnosticada por leucemia, causada polos efectos da radiación nuclear. Chizuko , a súa compañeira de hospital, tamén afect

A LINGUA NON PARA. CORRELINGUA 2018

Imaxe
CORRELINGUA , denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e á infancia e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. A intención é que a carreira non sexa só un acto puntual que coincide coa celebración do Día das Letras Galegas, senón unha actividade extensa no tempo que serva de pretexto para a dinamización lingüística nos centros de ensino. Aparte da carreira e da festa final que se organiza ao seu remate no Día das Letras, organízanse concursos escolares. Se estades interesados/as poderemos inscribirnos no concurso de elaboración de manifesto ou no de vídeo. A continuación deixamos os enlaces: Concurso de redacción do Manifesto Concurso de elaboració

O GALEGO É SOLIDARIO

Imaxe
O alumnado de Valores éticos de 1º da ESO presentou a campaña solidaria de recollida de alimentos que, en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, se desenvolve durante todo o presente curso académico. Primeiro fixérono no noso centro, en todas as nosas aulas; logo, no CPI Flavia, centro que á fin incorporamos á nosa iniciativa. Galería de imaxes O alumno de cuarto da ESO, Xairo Vecino, colaborou amablemente co grupo de presentación no que foi o seu centro de educación primaria improvisando unhas coplas solidarias. Engadimos finalmente esta foto na que se pode ver a algúns/algunhas integrantes do EDL conversando coa directora do CPI Flavia e coa vicedirectora do noso centro coa intención de sumar apoios aos nosos proxectos e estendelos aos/ás escolares que tarde o cedo será alumnado do Cela.