A LINGUA NON PARA. CORRELINGUA 2018

CORRELINGUA, denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e á infancia e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
A intención é que a carreira non sexa só un acto puntual que coincide coa celebración do Día das Letras Galegas, senón unha actividade extensa no tempo que serva de pretexto para a dinamización lingüística nos centros de ensino. Aparte da carreira e da festa final que se organiza ao seu remate no Día das Letras, organízanse concursos escolares.
Se estades interesados/as poderemos inscribirnos no concurso de elaboración de manifesto ou no de vídeo. A continuación deixamos os enlaces:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A farsa das zocas