NACE A LINGUA NO NADAL


O Nadal non é o noso prato forte, a dicir verdade. Obviando o lado relixioso do asunto é importante para o noso equipo celebrar o final do primeiro trimestre, o remate dos exames e das clases e o comezo dunhas vacacións venturosas polo que teñen de tempo libre, xantares, saídas, familia, amizades e... regalos.
Por iso celebramos o Nadal, basicamente. Polo que ten de tránsito, de comezo e de fin a un tempo.

  • Festival de Nadal, en colaboración co Departamento de música: panxoliñas interpretadas por todo o alumnado de musica do centro.
  • Concurso de postais do Nadal (edición de 275 exemplares para distribuir entre toda a comunidade escolar como felicitación navideña).
  • Unha vida entre lobos, conferencia a cargo de Marcos Rodríguez Pantoja,no Auditorio Municipal.
  • Partido de baloncesto mixto: IES Macías o Namorado VS IES Camilo José Cela.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

A farsa das zocas