Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

EN XANEIRO SEGUIMOS RECOLLENDO LENTELLAS

Imaxe
É a primeira vez que botamos man do Fondo Solidario que imos xuntando coas aportacións de alumnado e profesorado para completar o lote que doaremos periodicamente á Fundación Amigos de Galicia. Durante este curso será o alumnado de Primeiro da ESO, quen se encargue da convocatoria e recollida no CEIP Flavia, o cole de onde maioritariamente proceden. Puidemos xuntar 60 euros que invertimos en cacao e galletas, destinados a familias necesitadas da nosa comarca con menores a cargo. Velaquí están algunhas das súas opinións sobre esta primeira experiencia. Dende a Fundación Amigos de Galicia remítennos mensualmente a relación de produtos recibidos no seu almacén de Vilagarcía.

Presentación do Proxecto Solidario no CEIP Flavia

Imaxe

25N FEMINISMO NO CELA

25 NOVEMBRO. POLIFONÍA DE VOCES EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO A mocidade do IES Camilo José Cela non quixo permanecer en silencio o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A súa capacidade creativa e espírito reivindicativo uníronse para tecer, a partir da conxunción das súas voces, unha clara manifestación artística en contra de calquera feito que poida magoar, mancar, ferir... a calquera individuo sen importar as súas condicións particulares. Tras a vivaz presentación de Ana e Claudia, todas as persoas presentes deixáronse levar pola extraordinaria e sentida interpretación de Carmen, Fátima e Raquel, que musicaron "Imagine" de John Lennon.  A seguir o alumnado que participa no EDLG interviu coa lectura de poemas que el mesmo escolmou a partir dunha ampla mostra de textos contra a violencia de xénero. Así Noa leu "Declaración de independencia", de Carlos Negro. Sara, "Verdade, bico ou atrevemento", de Carlos Negro. Emir, "Apenas

A lingua galega tamén é transmisora da ciencia

Imaxe
A lingua galega tamén é transmisora da ciencia    No marco da Semana das Ciencias, o alumnado de 2º da ESO do IES Camilo José Cela confeccionou a seguinte táboa periódica, baixo a coordinación da profesora Sonia Gey do Departamento de Física e Química.      Para complementar a táboa periódica, o alumnado de 4º de CAAP elaborou diferentes textos ao redor dos seus elementos, nos que se incluíron o nome, o símbolo e a utilidade na industria actual.    O alumnado de 3ª da ESO centrouse nas achegas á ciencia de mulleres célebres, entre as que están Lise Meitner e Mileva Marić.  

Cambiar a historia

Imaxe
Cambiar a historia Obradoiro de creatividade en clave de xénero O martes, 20 de novembro, Esther Carrodeguas chegou ao IES Camilo José Cela coa súa maleta acugulada de imaxinación, música, movementos... e os artixulios máis insospeitables para estimular a capacidade creativa e reflexiva do alumnado de primeiro de Bacharelato. Coa vitalidade, entusiasmo e ludismo que caracterizan a Carrodeguas, o noso alumnado abandonou o seu papel de público para rachar a cuarta parede e asumir o protagonismo central deste obradoiro de reflexión creativa, no que se traballou a prevención e sensibilización sobre a violencia de xénero a través de diversos recursos artísticos e posterior foro. Así partiron da idea de que se pode “cambiar a historia” redebuxándoa, sobre todo a partir da implementación dunha serie de mudanzas no noso comportamento diario para poder compoñer un “futuro” diferente. Desde unha metodoloxía participativa, cooperativa, crítica, lúdic

Unha contada de MEDO

Imaxe
Unha contada de MEDO O venres día 9 de novembro os alumnos e alumnas de 1º da ESO A e B tomaron rumbo cara ao CEIP Flavia para contarlle contos de medo ao alumnado de educación infantil. Foi unha xornada cargada de emocións, pois para boa parte deles supuña o reencontro co seu centro educativo previo e co profesorado de primaria. Tras a chegada, foron recibidos polo equipo directivo e parte do profesorado que os acompañaron ata a biblioteca, onde fixeron os últimos ensaios, se vestiron, se maquillaron... para sorprender os máis pequenos coas dramatizacións. Os contos que leron, interpretaron e mesmo representaron con monicreques foron os seguintes: Montruo ¡Sé bueno! , Gato Guille e os monstros , Un montruo , Un pesadelo no meu armario , Monstruo rosa , A visita dos troles , Carabuñas , A bruxa regañadentes , Te aseguro que los monstruos no existen , Para esconderse de un monstruo , O grúfalo e A figueira de Pelos Tortos .

SAMAÍN 2018

Imaxe
Samaín 2018 O IES Camilo José Cela non quixo perder a celebración do Samaín, polo que o alumnado puxo en funcionamento a súa creatividade e dotes interpretativos para escribir, cantar, bailar… e así poder espantar os espíritos malignos. Neste ano 2018, Teo e Lara foron os encargados de conducir o encontro festivo que tivo lugar nun salón de actos ateigado da rapazada máis animada. Co propósito de crear unha atmosfera acorde co Samaín, comezouse coa lectura e entrega dos recoñecementos e galardóns a aquelas alumnas e alumnos que participaron no Concurso de Relatos de Terror que convocaron o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca do IES Camilo José Cela.                 O 2º accésit foi para “Os ladróns de carpos”, de Lucía Hermida Ramos (1º ESO B). O 1º accésit, para “Samaín terrorífico”, de Marta Veiga Rodríguez (1º ESO A). Xa entrando nos gañadores, o texto galardoado co 2º premio foi “Pesadelo en Samaín” (1º ESO A), de H