SAMAÍN 2018



Samaín 2018

O IES Camilo José Cela non quixo perder a celebración do Samaín, polo que o alumnado puxo en funcionamento a súa creatividade e dotes interpretativos para escribir, cantar, bailar… e así poder espantar os espíritos malignos. Neste ano 2018, Teo e Lara foron os encargados de conducir o encontro festivo que tivo lugar nun salón de actos ateigado da rapazada máis animada.



Co propósito de crear unha atmosfera acorde co Samaín, comezouse coa lectura e entrega dos recoñecementos e galardóns a aquelas alumnas e alumnos que participaron no Concurso de Relatos de Terror que convocaron o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca do IES Camilo José Cela.
               

O 2º accésit foi para “Os ladróns de carpos”, de Lucía Hermida Ramos (1º ESO B).


O 1º accésit, para “Samaín terrorífico”, de Marta Veiga Rodríguez (1º ESO A).


Xa entrando nos gañadores, o texto galardoado co 2º premio foi “Pesadelo en Samaín” (1º ESO A), de Hugo Abaña Martín.

E… o 1º premio foi para “A radio enmeigada”, de Ana da Fonseca (3º ESO A).


Tras o susto, o medo, a sorpresa, o sangue… derramados por todos estes relatos, era necesario espantar o terror con apócemas musicais, baixo a batuta da profesora Sonia Rodríguez. No escenario ateigado de alumnado de 4º da ESO, encargado da frauta e percusión, e o de 3º da ESO, que asumiron a interpretación vocal e a coreografía, bailamos ao son da lingua inglesa.


O repertorio acolleu This is Halloween, versión da canción da película The nightmare before Chritsmas, interpretada polos habitantes da cidade de Halloween; e a melodía e baile Spooky spooky, canción inglesa tradicional do día de Halloween.

Grazas por participardes nesta festa de orixe celta!!!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Leliadoura 2022