Cambiar a historia


Cambiar a historia
Obradoiro de creatividade en clave de xénero

O martes, 20 de novembro, Esther Carrodeguas chegou ao IES Camilo José Cela coa súa maleta acugulada de imaxinación, música, movementos... e os artixulios máis insospeitables para estimular a capacidade creativa e reflexiva do alumnado de primeiro de Bacharelato.

Coa vitalidade, entusiasmo e ludismo que caracterizan a Carrodeguas, o noso alumnado abandonou o seu papel de público para rachar a cuarta parede e asumir o protagonismo central deste obradoiro de reflexión creativa, no que se traballou a prevención e sensibilización sobre a violencia de xénero a través de diversos recursos artísticos e posterior foro.




Así partiron da idea de que se pode “cambiar a historia” redebuxándoa, sobre todo a partir da implementación dunha serie de mudanzas no noso comportamento diario para poder compoñer un “futuro” diferente.








Desde unha metodoloxía participativa, cooperativa, crítica, lúdica e o emprego de técnicas como os exercicios teatrais e/ou poéticos (entendidos como poesía expandida, sexa oral, visual, obxectual etc.), o alumnado participante interpretou, analizou e valorizou realidades e vivencias múltiples desde a perspectiva de xénero. Unha perspectiva necesaria para configurar un sociedade plural e inclusiva.




Velaquí unha mostra dalgunhas das creacións que procuran visualizar, formar e concienciar en relación á violencia de xénero.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Leliadoura 2022