Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

Nadal 2020

Imaxe
  Xa vai alá o primeiro trimestre deste curso tan estraño que nos tocou vivir. Chegaron as vacacións de Nadal e no IES Camilo José Cela organizamos un concurso de postais.  Esta foi a postal gañadora, deseñada por Marta Le Pérez Boga de 1ºB de Bacharelato, coa que o instituto vos desexa un bo Nadal, cheo de emocións vellas, de esperanzas novas e de apertas virtuais.   Outras que se presentaron ao concurso...

25N no Camilo José Cela - 2020

Imaxe
   Un 25N diferente. O IES Camilo José Cela non quixo deixar pasar esta data sen deixar constancia da repulsa  da violencia contra a muller. O alumnado traballou con diferentes textos que nos convidan a reflexionar sobre o papel que desempeñamos, para inverter unha situación que nos afecta a todos e todas.  

O Samaín - Contos de medo

Imaxe
    O novo curso botou a andar coa normalidade que a Covid-19 nos impuxo pero, a pesar de que este ano foi un Samaín diferente, no IES Camilo José Cela non quixemos esquecer esas datas e deixamos que o medo deambulara polos corredores.  Organizamos un concurso de "Contos de medo". Habitualmente, a entrega destes premios facíase no Salón de Actos "terrorificamente" decorado para a ocasión. A continuación os mozos e mozas lían os seus relatos, premiados ou non. Este ano tocou lelos en cadansúa aula de referencia.     Categoría  de 1º, 2º e 3ºESO  1º premio: A tumba encantada de Álex Cobas Caeiro, 1ºA de ESO    A tumba encantada       Eran as 8 e 15 da mañá cando Lía, unha rapaza de 12 anos co cabelo loiro e rizado e cuns ollos verdes, espertou mirando o reloxo que sempre tiña posto na man dereita e levantouse apresurada, xa que ía perder o autobús do colexio, porque non a espertara ninguén. Súa nai, que traballaba nunha fábrica preto da vila onde vivían fora na q

Leliadoura 2020

Imaxe
Neste curso tan accidentado, despois da suspensión das clases pola implantación do estado de alarma o 14 de marzo, non pensabamos que fose posible a edición da nosa revista. Pero o traballo e a constancia do equipo de redacción fixo que Leliadoura non interrompese a súa andaina e volve estar dispoñible para toda a comunidade escolar. Neste número 3 da nova etapa dáse testemuña de todo o que aconteceu neste curso que nunca esqueceremos. Premede na portada da revista e poderedes ler un documento único e vivo.

Carvalho Calero no Día das Letras de 2020

Este curso, a pesar da situación en que estamos debido a alerta sanitaria, non nos esquecemos de celebrar o Día das Letras Galegas. A persoa homenaxeada este ano é toda unha referencia para o mundo da cultura galega, xa que formou parte do Seminario de Estudos Galegos e fixo achegas en todos os campos do estudo do idioma, ademais de ser o primeiro catedrático universitario de Lingua Galega: Ricardo Carvalho Calero . No EDLG do IES Camilo José Cela elaboramos unha presentación para dar a coñecer a figura deste insigne estudoso das nosas letras. Ademais, achegamos unhas actividades interactivas para que as realicedes, logo de ver a presentación, e pasedes un momento entretido. Para realizalas premede neste enlace . Se vos pide unha clarve, premede en "entrar como convidado". Carballo Calero. LETRAS 2020 by iriafala on Scribd

Entroido 2020

Imaxe
Aínda é tempo de Entroido e no Cela esta data tivo a repercusión de costume. Comezamos anticipando o día grande cun obradoiro de confección de caretas, por parte de alumnado de 4º e de 1º de ESO. E chegou o dia sinalado: o venres 21 de febreiro tivo lugar o concurso de disfraces, coma sempre moi animado e que contou coa colaboración de alumnado e profesorado. Se queredes ver as fotos, premede no seguinte enlace .