bitácora do equipo de dinamización da lingua do ies camilo josé cela de padrón
PROXECTO SOLIDARIO
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
https://photos.app.goo.gl/qlLtqxMGgkphY1Xi2
Podes consultar aquí a relación documental das donacións realizadas durante este curso 2017-2018 (non se inclúe a última campaña de xuño, a de máis éxito, por certo)
O Nadal non é o noso prato forte, a dicir verdade. Obviando o lado relixioso do asunto é importante para o noso equipo celebrar o final do primeiro trimestre, o remate dos exames e das clases e o comezo dunhas vacacións venturosas polo que teñen de tempo libre, xantares, saídas, familia, amizades e... regalos. Por iso celebramos o Nadal, basicamente. Polo que ten de tránsito, de comezo e de fin a un tempo. Festival de Nadal, en colaboración co Departamento de música: panxoliñas interpretadas por todo o alumnado de musica do centro. Concurso de postais do Nadal (edición de 275 exemplares para distribuir entre toda a comunidade escolar como felicitación navideña). Unha vida entre lobos , conferencia a cargo de Marcos Rodríguez Pantoja,no Auditorio Municipal. Partido de baloncesto mixto : IES Macías o Namorado VS IES Camilo José Cela.
O martes 13 de maio celebramos as Letras Galegas no Cela coa visita de dúas persoas que representan coma ninguén as nosas letras e a nosa cultura: Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes . Faláronnos de moitos aspectos relacionados coa nosa literatura: desde a literatura galego-portuguesa medieval ata a orixe do Día das Letras Galegas e as súas consideracións sobre a literatura actual. O encontro animouse e deu lugar a un coloquio co alumnado de 4º de ESO que escoitou atentamente e participou na sesión. E a continuación, acompañamos á parella á aula da segunda planta que está dedicada a Helena Villar, que fixo a honra de inaugurala despregando a tea que cubría a placa! En definitiva, foi unha mañá na que todo o alumnado e profesorado presente gozaron da compaña de Helena e Xesús, que recibiron uns agasallos do centro e destacaron a calidade humana do alumnado do IES Camilo José Cela.
Un ano máis sumámonos á celebración do 23 de febreiro que, como xa sabedes, é o Día de Rosalía e a data de nacemento da nosa poeta nacional. Desde o noso centro continuamos a festexar con poesía e música o día da nosa padronesa máis universal. Este ano os actos conmemorativos destacaron, coma sempre, pola súa orixinalidade: o noso compañeiro ïker adoptou a personalidade de Rosalía de Castro e, acompañado por Sandra no recitado e por Lorena, Érika, Tamara e Xeila na pandeireta, percorreron as aulas rendendo homenaxe á nosa autora cunha adaptación do poema inicial de Cantares Gallegos . Parabéns ás compañeiras e ao compañeiro que desenvolveron esta excelente performance para lembrar a Rosalía de Castro outro ano máis!
Comentarios
Publicar un comentario