Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2018

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: DOMINGO FONTÁN

Imaxe
O luns 8 de outubro, a Real Academia das Ciencias acolleu o acto académico que homenaxeou o autor da Carta Xeométrica de Galicia, Domingo Fontán Rodríguez.   Este ano no Día da Ciencia en galego homenaxéase a Domingo Fontán, porque se cumpren 230 anos do seu nacemento. No portal da Ciencia Galega tedes toda a información. Desde o departamento de matemáticas do IES Camilo José Cela, a profesora Maite Castro sempre tenta facer algunha actIvidade de interese co alumnado en galego, xa que tras o Decreto do Plurilingüismo a materia de matemáticas só se pode impartir en castelán. Como galegofalante que é, cousa que normalmente lle sorprende ao alumnado, goza de xeito particular dese día. Este ano a Real Academia das Ciencias púxollo realmente fácil, posto que lle gusta moito todo o relacionado cos mapas e a cartografía en xeral. Ademais, contou coa colaboración de Xoán Santaló, profesor de Xeografía e Historia que é un namorado dese tema. Así Santaló fixo unha introdución hi