BÓLA DE NEVE


A bóla de neve é un alude en potencia



O proxecto bóla de neve é unha proposta transversal de dinamización da lingua a través da construción colaborativa dun artefacto: unha gran bóla composta de textos poéticos e ensaísticos de autoría propia e allea que irá coformándose a través de varias performances ao longo de todo o curso en varias citas conmemorativas. Comezamos o 25 de novembro, no Día contra a violencia de xénero pero o proceso de construción continúa:

  • 30 de xaneiro: Día Mundial da Paz.
  • 14 de febreiro: Día dos Namorados.
  • 23 de febreiro: Día do fallido intento de golpe de estado no Congreso dos Deputados.
  • 24 de febreiro: Día de Rosalía.
  • 8 de marzo: Día da Muller Traballadora.
  • 20 de marzo: Día Mundial da Felicidade.
  • 21 de marzo: Día Mundial da Poesía.
  • 23 de abril: Día do Libro.
  • 1 de maio: Día Internacional da Clase Obreira.
  • 17 de maio: Día das Letras.

O proxecto estenderase aos centros educativos do contorno, nomeadamente ao CPI Flavia e IES Macías o Namorado coa intención de promover os valores do respecto e tolerancia a través da mútua colaboración e do uso da lingua como vehículo cohesionador da comunidade escolar.

Primeiro copo
  • Os copos de neve son pequenos cristais que dun xeito misterioso se forman a baixa temperatura.
  • Un cristal créase cando o vapor de auga se conxela, de tal maneira que as moléculas que o constitúen se alinean para crear o copo.
  • A enerxía que une os cristais está relacionada coa presión e a temperatura.
  • Por iso todos os copos son distintos. A temperatura fluctúa na medida en que a auga se converte en xeo na atmosfera e vai caendo.
  • Non hai dous cristais que sigan o mesmo patrón.
  • A forma do cristal está determinada polo patrón que adquiriu na caída do ceo.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Leliadoura 2023

O DÍA DE PI

Leliadoura 2022