Día de Rosalía no IES Camilo José Cela

Este venres 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía no noso IES. Realizamos diferentes actividades para visibilizar a nosa escritora e para fomentar o uso do galego.

Nos días precedentes levamos a cabo a campaña Búscanse galegofalantes, xunto co CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela. Instalamos no vestíbulo do centro un posto onde, desde un cartel moi expresivo, a propia Rosalía de Castro animaba o alumnado a que asinase un compromiso co emprego de idioma, para fomentalo e non abandonar o seu uso. A afluencia para asinar superou todas as previsións! Achegamos fotos das sinaturas en ambos os centros.


Por outra parte, ao longo da mañá do venres, un grupo de alumnos e alumnas foron polas aulas recitando poemas de Rosalía de Castro ou sobre Rosalía. Este grupo estaba formado por Saraima, Xan, Daniel, Brais... con Íker e Sandra caracterizados como Curros Enríquez e a propia Rosalía de Castro!







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Leliadoura 2022