Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2019

P.S. SEGUNDA RECOLLIDA-COMPRA-RECONTO. XANEIRO 2019

Imaxe
Logo da segunda campaña do Proxecto Solidario, a través da que se recaudaron 61 euros para a compra de alimentos de primeira necesidade (74 bolsas de lentellas), comezamos xa a seguinte. Mentres un grupo de alumnado de Valores éticos saíu a mercar no supermercado local máis cercano, outro encargouse de repartir as notificacións para as familias en todas as aulas do centro para informar do produto que a Fundación Amigos de Galicia precisa para a distribución dos lotes entre as familias necesitadas con fillos/as a cargo. Durante o mes de febreiro recolleremos: PRODUTOS SEN GLUTE Colabora coa campaña.  A diferenza é un feito.  A indiferenza, unha opción.  Opta pola solidariedade.  Colabora. Doa.

CONSTRUINDO CÚPULAS 2018

Imaxe
Para rematar o primeiro trimestre o Departamento de Matemáticas dos IES Camilo José Cela deseñou unha actividade denominada “Construíndo Cúpulas” . Nesta actividade participaron tódolos cursos da ESO máis o grupo de Métodos Matemáticos de segundo de bacharelato. Para a actividade solicitáronse dúas caixas de pezas á Fundación Escola Rosalía de Vigo . Estas caixa conteñen as pezas coas que se poden construír ata once estruturas diferentes que non precisan ningún tipo de unión para sosterse. Entre a multitude de documentos de Leonardo Da Vinci atopáronse os primeiros debuxos e esquemas destas estruturas, e a versatilidade deste material cedido pola Escola Rosalía, merece ser difundido nos centros educativos.   Por ser a primeira vez que se facía esta actividade no centro, decidiuse facer só nove destas estruturas, e facelo dun xeito lúdico, pero as posibilidades matemáticas que ofrece este material son enormes. Para facilitarlle a comprensión ao alumnado empregáronse unhas fichas co