P.S. SEGUNDA RECOLLIDA-COMPRA-RECONTO. XANEIRO 2019

Logo da segunda campaña do Proxecto Solidario, a través da que se recaudaron 61 euros para a compra de alimentos de primeira necesidade (74 bolsas de lentellas), comezamos xa a seguinte. Mentres un grupo de alumnado de Valores éticos saíu a mercar no supermercado local máis cercano, outro encargouse de repartir as notificacións para as familias en todas as aulas do centro para informar do produto que a Fundación Amigos de Galicia precisa para a distribución dos lotes entre as familias necesitadas con fillos/as a cargo. Durante o mes de febreiro recolleremos:
PRODUTOS SEN GLUTE
Colabora coa campaña. 
A diferenza é un feito. 
A indiferenza, unha opción. 
Opta pola solidariedade. 
Colabora. Doa.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Leliadoura 2022