CONSTRUINDO CÚPULAS 2018


Para rematar o primeiro trimestre o Departamento de Matemáticas dos IES Camilo José Cela deseñou unha actividade denominada “Construíndo Cúpulas”. Nesta actividade participaron tódolos cursos da ESO máis o grupo de Métodos Matemáticos de segundo de bacharelato. Para a actividade solicitáronse dúas caixas de pezas á Fundación Escola Rosalía de Vigo. Estas caixa conteñen as pezas coas que se poden construír ata once estruturas diferentes que non precisan ningún tipo de unión para sosterse. Entre a multitude de documentos de Leonardo Da Vinci atopáronse os primeiros debuxos e esquemas destas estruturas, e a versatilidade deste material cedido pola Escola Rosalía, merece ser difundido nos centros educativos.
 Por ser a primeira vez que se facía esta actividade no centro, decidiuse facer só nove destas estruturas, e facelo dun xeito lúdico, pero as posibilidades matemáticas que ofrece este material son enormes. Para facilitarlle a comprensión ao alumnado empregáronse unhas fichas con patróns de cores coma as seguintes, e só se construíron noves estruturas: 


 O mércores día 19, os/as alumnos/as dos dous grupos de terceiro da ESO foron baixando ao salón de actos e, separados en grupos, comezaron a actividade. Os seguintes foron os/as alumnos/as de bacharelato, o xoves 20, e o venres 21 fixérono o resto de grupos, pero desta volta no ximnasio, xa que o salón de actos resultou ser un espazo pequeno. O venres, o alumnado de terceiro da ESO A, fixo de monitor cos seus compañeiros/as de primeiro, axudándoos naqueles momentos de dificultade e resolvéndolles as dúbidas que ían xurdindo.
Este tipo de actividades que se fan con material manipulativo, resultan moi motivadoras para o alumnado e fomentan o traballo cooperativo e a inclusión. Tódolos alumnos/as parten do mesmo nivel no xogo da construción, axúdanse entre eles para ver como vai collendo altura a estrutura, e por susposto, tentando entre todos rematar as pezas antes que o equipo contrario.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Leliadoura 2022