Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2018

REGUEIFANDO A PÉ DE CAMPO

Imaxe
Documento gráfico histórico. No paseo do Espolón, na mañá espelida dun vinteséis de abril, ao pé das estatuas de Cela e Rosalía, Brais e Xairo enfrontados, a cara de can, nunha disputa verbal aceda e inxeniosa. Compartimos este combate-canto convosco e que sirva como testemuño de que a regueifa sigue viva. Por Herbón, por Carcacía, por Padrón enteiro e por Galizia. Eís a palabra en rima.

RECOLLIDAS SOLIDARIAS

Imaxe
Outro mes máis, a comunidade educativa do Cela contribuiu de modo solidario na recollida mensual de alimentos e na creación dun fondo, tamén mensual, para a compra de produtos. Desta vez foi o alumnado de valores éticos de Primeiro da ESO quen se encargou de facer a compra. E estas son as imaxes.

21 M. DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

Imaxe
A poesía é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación. A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar de maneira sempre renovada a forma en que usamos as palabras e as cousas, e os nosos modos de percibir e interpretar a realidade. Grazas ás súas asociacións e metáforas e á súa gramática singular, a linguaxe poética constitúe, pois, outra faceta posible do diálogo entre as culturas. A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi aprobada pola UNESCO durante o seu 30º período de sesións, que se celebrou en París en 1999. De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas. Nós fixémolo a través de dúas accións colectivas simultáneas desenvolvidas polo alumnado de fi