PROXECTO MIL GRÚAS

Proxecto coordinado polas profesoras Manuela (Matemáticas), Sonia Gey (Física) e Conchi e Maite (conserxes)
Por que construir entre todos/as mil grúas de papel? Por poesía, máis ca nada. Porque a historia que sostén o proxecto, xaponesa para máis señas, ten unha dimensión humana e poética que é precisamente a que a converte hoxe nunha historia universal e tamén nun símbolo da paz.
Como trasfondo, unha terrible catástrofe produto dunha tráxica decisión humana: o presidente dos EEUU, Harry Truman, decide, logo de bombardear durante seis meses diferentes cidades xaponesas, utilizar a primeira bomba atómica (Little Boy) en  Hiroshima o 6 de agosto de 1945. Tres días despois, tocaríalle o turno tamén á Nagashaki. Morreron máis de dúas centas vintecinco mil persoas. Cento trinta mil, aproximadamente, foron feridas.
Sadako, a protagonista da historia, tiña dous anos cando presenciou a traxedia pero non foi ate dez anos despois cando tivo que ingresar no hospital diagnosticada por leucemia, causada polos efectos da radiación nuclear. Chizuko, a súa compañeira de hospital, tamén afectada por cancro por radicación, contoulle a lenda xaponesa que promete a concesión dun desexo fervente a quen constrúa mil grúas de papel. Foi ela quen ensinou a Sadako a facelas. E naceu aquí outra lenda sobre Sadako e sobre se foi capaz ou non de construir as grúas antes da súa prematura morte.
En todo caso, Sadako e as mil grúas de origami (técnica de pregado de papel) son hoxe un símbolo da paz. E no Cela queremos lembrar esta historia e, por que non, desexar coas nosas grúas de papel o cese dos conflitos bélicos no mundo que tantas desgracias e morte de vítimas inocentes causan. Participamos, pois, da lenda inscrita no monumento á súa memoria no Parque da Paz de Hiroshima, no Xapón:

Este é o noso berro, esta é a nosa pregaria: paz no mundo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Leliadoura 2023

O DÍA DE PI

Leliadoura 2022