Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2018

V OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA

Imaxe
A Olimpíada é unha iniciativa que se propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo, tempos nos que as novas leis educativas tenden cara a vías dominadas por unha estreita razón instrumental sen deixar apenas lugar para o pensamento crítico. O grupo de alumnado de Obradoiro de publicidade e contrapublicidade participou por primeira vez na Olimpíada filosófica de Galicia, na sección de fotografía.  A pesar do temporal estivemos alí, na Facultade de filosofía, asistindo ás sesións de defensa de dilemas morais, de disertacións, de fotografías e de vídeos producidos polo alumnado seleccionado baixo o lema UTOPÍA E REVOLUCIÓN.  Seleccionado para a exposición:   Paula Cascallar (Sinais). Seleccionada para a exposición:  Daniel Pena ("Ninguén é perfecto") Sesión de disertacións finalistas. Roteiro "Maio do 68 en Compostela". Facultade de Medicina. Pic-nic musical colectivo: Revolution, The Beatles.

O DÍA DE PI

Imaxe
Velaquí a galería de fotos que o departamento de matemáticas nos enviou para publicar nesta bitácora. Preme sobre a imaxe para acceder a ela.

OS DATOS DO DEREITO

Imaxe
Velaquí o penúltimo vídeo da serie SOLIDARI@S, unha campaña de sensibilización e visibilización da pobreza e da campaña de recollida de alimentos na que toda a comunidade educativa do Cela está a colaborar. Elas e eles dan boas razóns para seguir comprometéndose coa obriga cívica de loitar contra as desigualdades mentres a política non resolva este mal social. Os nenos e nenas son as primeiras vítimas. A nosa axuda, xestionada pola Fundación Amigos de Galicia, vai destinada a familias da nosa comarca con menores a cargo. Colabora. Doa. Este mes recollemos CACAO. 

I PREMIO DE POESÍA ESTRATOSFÉRICA

Imaxe
Bases do premio O I Premio de Poesía Estratosférica é unha iniciativa de NOSA (Axencia Espacial Escolar Galega) solidariamente entre os seguintes institutos: IES Maruxa Mallo de Ordes, IES Miraflores de Oleiros e IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. 1. Poderán concorrer ao I Premio de Poesía Estratosférica autoras e autores de calquera nacionalidade, presentando unha soa obra de temática cósmica escrita en lingua galega. 2. O premio ten catro categorías, unha por cada un dos institutos organizadores e outra libre para calquera estudante de ESO ou do Bacharelato que estea cursando estudos nalgún centro público galego, e consistirá no envío dos poemas á estratosfera dentro da cápsula MarumaSat III tras a súa lectura pública no acto do lanzamento. Se poden recuperarse, devolveranse certificados ás súas autoras ou autores e en caso de que se perdesen na viaxe certificarase unha copia exacta. Todos eles serán debidamente enmarcados antes de devolvérense ás súas autoras

POR QUE OS TEOREMAS NON TEÑEN NOME DE MULLER

8M . A través desta presentación de diapositivas o alumnado de Segundo da ESO , dirixido pola profe de matemáticas Maite Castro , visibiliza a través dunha serie de relatos biográficos o papel que as mulleres tiveron no particular desenvolvemento da ciencia matemática e reivindica de modo merecido o recoñecemento social do seu labor de contribución ao progreso xeral do saber.

INCONGRUENCIAS CARNAVALESCAS - A DERRADEIRA

Imaxe

O EDLG PI-DE SELFIES

Imaxe