V OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA

A Olimpíada é unha iniciativa que se propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo, tempos nos que as novas leis educativas tenden cara a vías dominadas por unha estreita razón instrumental sen deixar apenas lugar para o pensamento crítico.


O grupo de alumnado de Obradoiro de publicidade e contrapublicidade participou por primeira vez na Olimpíada filosófica de Galicia, na sección de fotografía. 


A pesar do temporal estivemos alí, na Facultade de filosofía, asistindo ás sesións de defensa de dilemas morais, de disertacións, de fotografías e de vídeos producidos polo alumnado seleccionado baixo o lema UTOPÍA E REVOLUCIÓN. 
Seleccionado para a exposición:  Paula Cascallar (Sinais).
Seleccionada para a exposición: Daniel Pena ("Ninguén é perfecto")

Sesión de disertacións finalistas.
Roteiro "Maio do 68 en Compostela". Facultade de Medicina.
Pic-nic musical colectivo: Revolution, The Beatles.
Sesión de finalistas de Dilemas morais.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

A farsa das zocas