25N FEMINISMO NO CELA




25 NOVEMBRO. POLIFONÍA DE VOCES EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

A mocidade do IES Camilo José Cela non quixo permanecer en silencio o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A súa capacidade creativa e espírito reivindicativo uníronse para tecer, a partir da conxunción das súas voces, unha clara manifestación artística en contra de calquera feito que poida magoar, mancar, ferir... a calquera individuo sen importar as súas condicións particulares.

Tras a vivaz presentación de Ana e Claudia, todas as persoas presentes deixáronse levar pola extraordinaria e sentida interpretación de Carmen, Fátima e Raquel, que musicaron "Imagine" de John Lennon.  A seguir o alumnado que participa no EDLG interviu coa lectura de poemas que el mesmo escolmou a partir dunha ampla mostra de textos contra a violencia de xénero. Así

Noa leu "Declaración de independencia", de Carlos Negro.
Sara, "Verdade, bico ou atrevemento", de Carlos Negro.
Emir, "Apenas hai palabras e unha morte é unha morte", de Marica Campo.
Sandra, "Bilingüismo harmónico", de Carlos Negro.
Marta, "O muro", de Carlos Negro.
Antía, "Ten coidado co que dis, nena", de Carlos Negro.
Abel, "Muller golpeada", de Estevo Creus.
Lucía, "Foi un xesto, simplemente", de María Carmen Caramés Gorgal.

Para rematar, puidemos presenciar unha exquisita, satírica e humorística intervención relacionada coa imaxe da muller na publicidade.

Grazas a todas e todos por participar!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Faleceu o poeta Bernardino Graña

Celebrando o Día da Paz con versos e baile

Helena Villar e Xesús Rábade celebran as Letras no IES Camilo José Cela