O GALEGO É SOLIDARIO

O alumnado de Valores éticos de 1º da ESO presentou a campaña solidaria de recollida de alimentos que, en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, se desenvolve durante todo o presente curso académico. Primeiro fixérono no noso centro, en todas as nosas aulas; logo, no CPI Flavia, centro que á fin incorporamos á nosa iniciativa.
Galería de imaxes
 Galería
O alumno de cuarto da ESO, Xairo Vecino, colaborou amablemente co grupo de presentación no que foi o seu centro de educación primaria improvisando unhas coplas solidarias.

Engadimos finalmente esta foto na que se pode ver a algúns/algunhas integrantes do EDL conversando coa directora do CPI Flavia e coa vicedirectora do noso centro coa intención de sumar apoios aos nosos proxectos e estendelos aos/ás escolares que tarde o cedo será alumnado do Cela.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

A farsa das zocas