IREMOS DE FESTA (EN MAIO) :(

O alumnado de Primeiro da ESO, a canteira, as xoves promesas, os cracks do idioma en potencia, acudirán á festa final do CORRELINGUA, denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e á infancia e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro, en palabras recollidas da web da organización.
O malo é que haberá que agardar ata o LUNS, 7 DE MAIO. oooooooohhhhhhh!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A farsa das zocas