A PREGUNTA. GRAN ESTREA.


 
A PREGUNTA.
Hai moitas preguntas que facer. Diríase que detrás de cada certeza e de cada acontecemento hai agochada alomenos unha pregunta. As preguntas moven, activan, xeneran enerxía, dan pulo ás relacións, tenden pontes entre os demais e abren as nosas vidas. Unha vida sen preguntas non é humana. Mais as preguntas son tamén incómodas. Hai moitas que ninguén quere escoitar. E outras que nin siquera ousamos formular.
A pregunta pola pobreza e a desigualdade é unha desas preguntas incómodas e desacougantes. Así comeza o vídeo realizado polo alumnado de Valores éticos de 1º ESO. Aos poucos vanse debullando opinións de diferentes persoas que se van incorporando no proceso colaborativo da búsqueda de respostas que, paradoxicamente, fican inconclusas. Porque hai decote un máis aló da pregunta, un treito inhóspito para o noso paso. A meta incluída no propio camiñar.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NADAL 2022

Leliadoura 2022