Antía Yáñez no IES Camilo José Cela

 O pasado mércores 24 de marzo visitounos unha das principais voces novas da narrativa galega actual, Antía Yáñez. A escritora falounos da súa aclamada novela, Senlleiras. E isto deu pé a que disertara, de xeito moi ameno, sobre violencia de xénero cara á muller, expresada de moitas maneiras a través da nosa historia recente. Tamén houbo tempo para explicar o proceso de creación da novela e algúns detalles sobre os escenarios e personaxes que aparecen nela.


 

O alumnado de 1º de Bacharelato participou no faladoiro. Ao final, Antía prestouse a dedicar os exemplares da novela que lle levaron. Deixámosvos as fotos!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Leliadoura 2022