Gurriarán no Cela

 Unha das actividades máis significadas do IES Camilo José Cela neste ano dedicado a Florencio Delgado Gurriarán foi a charla celebrada o pasado 31 de marzo. Estivo connosco o maior coñecedor e divulgador da obra do autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas, Ricardo Gurriarán. Como podedes supoñer, ademais, este investigador e historiador é familiar do autor de Córgomo. Estivo falando co alumnado de 2º de Bacharelato e foi incorporando ao retrato do autor interesantes vivencias persoais e familiares.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Leliadoura 2022