ASISTENCIA DO ALUMNADO DE 2º BAC A UNHA OBRA DE TEATRO DE CHÉVERE

 A comezos deste curso, o 7 de novembro de 2022, o alumnado de 2º de Bacharelato asistiu no Auditorio de Santiago de Compostela a unha interesantísima representación da obra Curva España, do recoñecido grupo de teatro Chévere. Esta actividade foi organizada polo EDLG en colaboración coa Vicedirección e o Departamento de Lingua Galega e Literatura.

O alumnado (como podedes comprobar na foto) mostrouse encantado coa representación. Houbo unha importante asistencia de alumnos e alumnas de diferentes centros, sobre todo da zona de Compostela.

A obra serviu para que nos achegásemos ao teatro máis innovador, dado que Chévere é unha compañía que se caracteriza sempre pola procura de novas vías de expresión na escena e pola mestura do teatro con outras expresións audiovisuais. Neste caso, integraba elementos como a filmación en vídeo, a crítica socio-política e a análise histórica para crear un falso documental e unha biografía ficticio-real dun personaxe e duns feitos históricos. A través destes elementos ofrécese unha interpretación de aspectos do presente, como é o deficiente deseño das vías de comunicación de entrada a Galiza.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A farsa das zocas