Obradoiro de Rap con Nervo
O día 24 de marzo tivemos a sorte de contar con Nervo, membro de Rebeliom do inframundo, para desenvolver un obradoiro de rap co alumnado de 4º de ESO. Nervo mostrounos o panorama do rap que se fai en Galicia e en galego.
A actividade despertou o máximo interese do alumnado, que desfrutou facendo rimas e compoñendo letras de cancións sobre unha base rítmica. Gozamos moito da experiencia e quedounos claro que o mellor rap tamén se pode facer en galego!
Comentarios
Publicar un comentario