Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2023

Día de Rosalía co CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela

Imaxe
Este ano celebramos, de novo, o Día de Rosalía e o Día da Poesía. Para isto contamos de novo coa colaboración do alumnado de 4º de Educación Infantil do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela. Este alumnado agasallouno co recitado duns versos de Rosalía de Castro, que nos remitiron a través destes códigos QR. Adiós ríos adiós fontes Eu ben vin estar o moucho Se escaneades estes códigos veredes o video-recitado que nos gravaron. Parabéns aos rapaces e rapazas do CEIP López Ferreiro!!!

ADOPTA UN LECTOR OU UNHA LECTORA

Imaxe
Este curso o EDLG do IES Camilo José Cela volveu realizar unha das actividades favoritas do alumnado, tanto do do noso IES como do do veciño CEIP Flavia. Trátase da actividade de lecturas compartidas que xa é tradición nestes dous centros Adopta un lector ou unha lectora . Este curso a convocatoria foi moi numerosa: alumnos e alumnas de varios niveis achegáronse no mes de febreiro para compartir as súas lecturas cos rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria. Se queres ver máis fotos e detalles da actividade preme neste enlace , que vos levará ao Blog de actividades do IES Camilo José Cela.

NADAL 2022

Imaxe
Este Nadal, como é habitual, o EDLG colaborou coa Vicedirección do centro e co alumnado para a edición da postal de felicitación. Este curso foron Iker Filgueira (como autor do texto) e Paula Paz Franco (responsable da ilustración), as persoas gañadoras do concurso para a selección da felicitación: Se queres ver máis sobre as actividades do Nadal, preme neste enlace , que te levará ao blog de actividades do IES Camilo José Cela.

ASISTENCIA DO ALUMNADO DE 2º BAC A UNHA OBRA DE TEATRO DE CHÉVERE

Imaxe
 A comezos deste curso, o 7 de novembro de 2022, o alumnado de 2º de Bacharelato asistiu no Auditorio de Santiago de Compostela a unha interesantísima representación da obra Curva España , do recoñecido grupo de teatro Chévere . Esta actividade foi organizada polo EDLG en colaboración coa Vicedirección e o Departamento de Lingua Galega e Literatura. O alumnado (como podedes comprobar na foto) mostrouse encantado coa representación. Houbo unha importante asistencia de alumnos e alumnas de diferentes centros, sobre todo da zona de Compostela. A obra serviu para que nos achegásemos ao teatro máis innovador, dado que Chévere é unha compañía que se caracteriza sempre pola procura de novas vías de expresión na escena e pola mestura do teatro con outras expresións audiovisuais. Neste caso, integraba elementos como a filmación en vídeo, a crítica socio-política e a análise histórica para crear un falso documental e unha biografía ficticio-real dun personaxe e duns feitos históricos. A través